A participación no Obradoiro de memoria segue medrando. Neste  novo curso  son  21 as persoas inscritas que participan todas as tardes dos venres de 16.00 a 18.30  nesta actividade que comprende lectura, escrita, debuxo,  narración de historias,  recuperación da tradición oral, etc. Hoxe venres,  22 de setembro, para comezar a nova andaina acolleron o desenvolvemento do obradoiro de Sombras chinesas, elaboradas por todas elas  e coa axuda e participación dos pequenos que se achegaron á biblioteca municipal. Este obradoiro de sombras enmárcase no programa da Consellería de Cultura Ler conta moito

A inscrición para participar no Obradoiro de memoria mantense aberta ao longo do curso. Impárteo a técnica municipal Pilar Pazo.

información : 981 404006 ext.2

Enlace: obradoiro de memoria