A V Xornada Aberta do Foro de Xeoparques que terá lugar en Burgos o martes 15,contara coa participación do Concello de Moeche. Magin Lago Tuimil, primeiro tenente de alcaldesa, asistirá xunto con representantes dos concellos de Cerdido, San Sadurniño, Cariño e Cedeira, co obxectivo de coñeceren o funcionamento dun dos últimos xeoparques do Estado español en acadar a candidatura – ano 2017-, xunto co Xeoparque Conca de Tremp-Montsec, nomeado no ano 2018. No camiño a percorrer cara a presentación da candidatura do Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal son moitos os pasos e accións que se deben acometer, entre elas a obrigada asistencia e participación dos membros dos proxectos aspirantes á figura e Xeoparque naqueles encontros estatais e internacionais que se celebren en torno aos xeoparques.

Dos sete concellos que conforman o territorio do Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, catro deles participarán nesta xornada Cerdido, Cedeira, San Sadurniño, Cariño e Moeche representando ao Proxecto. A V Xornada Aberta do Foro de Xeoparques presenta como obxectivo fundamental de coñecer ben o traballo que se desenvolve nos xeoparques e as diferentes formas de xestión e a repercusión que esta figura da Unesco ten en cada territorio.

Unha vez inaugurada a xornada, da man da secretaria xeral da Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO entre outros, haberá una serie de mesas-debate sobre os diferentes eixos de acción dos xeoparques coas Direccións destes. Durante a xornada disporase dun espazo para poder debater entre todos os participantes e membros do Foro de Xeoparques españois sobre as actuacións que se poden poñer en marcha, co obxectivo de dar a coñecer o rico patrimonio natural e cultural que agochan os Xeoparques e amosar as diferentes liñas de traballo que se realizan nestes territorios. Con esta meta, está prevista a celebración de distintas mesas redondas temáticas sobre Ciencia e investigación, Educación, Desenvolvemento rural e participación e Xeoturismo.

O Xeoparque Las Loras é un espazo da rede de xeoparques da UNESCO, que se sitúa repartido entre as provincias de Palencia e Burgos. Ten unha extensión de 95 076 ha, e o interese xeolóxico da área está dominado polos seus grandes páramos calizos con importantes canóns fluviais, mais tamén comprende karst,, canóns, fallas, campos petroliferos e outros procesos xeolóxicos. Este Xeoparque está xestionado pola Asociación Argeol e conta coa colaboración de diferentes universidades e a activa participación de varias empresas e entidades privadas

Proposta de aprobación dos estatutos da nova Asociación de Concellos Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal no próximo Pleno

A vindeira sesión ordinaria do Pleno, que terá lugar o xoves 17, someterá á aprobación a integración do Concello de Moeche nunha nova asociación para presentar a candidatura do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, para xestionar e coordina as accións e obxectivos comúns e, se é o caso, unha vez obtida a figura de Xeoparque, funcionar como órgano de xestión daquel.

Esta nova asociación estará creada polos sete municipios integrados no Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal e o seu obxectivo primeiro será a xestión das accións necesarias o deseño e presentación da candidatura.

Moeche será o concello no que inicialmente se situará o domicilio social, que logo irá rotando nos diferentes concellos. Os estatutos establecen a figura do “membro amigo” para entidades públicas ou privadas vencelladas co territorio ou co proxecto que terán voz pero non voto.

Se ben os estatutos no recollen ningunha cantidade como achega para o financiamento da asociacións, este obterase por contribucións dos municipios membros, en funcion da súa poboación, así como posibles contribucións económicas doutras administracións.