O Concello mantén aberto o prazo de recepción de ofertas para a xestión do bar da área recreativa. A duración da adxudicación comprende os meses de xullo e agosto e parte de setembro, concretamente do 4 de xullo ao 20 de setembro. Se ben a piscina non abrirá ao público , o bar dará servizo á area recreativa.
Os requisitos recollidos nas bases son semellantes aos de anos anteriores, coa excepción da limpeza das instalacións da piscina xa que, como se anunciou, non estará aberta este verán. Establécese como obriga a xestión do bar, como mínimo, durante os horarios marcados no prego, aínda que cabe a posibilidade de aumentalos acordándoo previamente co Concello, así como asumir a limpeza do recinto, a recollida do lixo e, especialmente, a desinfección diaria da zona do parque infantil. A subministración de auga e electricidade correrá por conta do Concello. Será por conta da adxudicataria a mercadoría que queira vender -dentro do permitido pola lei- e a instalación da maquinaria hostaleira que precise para a súa actividade.
Quen teña interese en optar á xestión deberá presentar a documentación requirida nas bases en dous sobres diferentes , un cos datos do licitador e outro coa proposición económica. Esta última ten un canon mínimo de 200 euros para toda a duración do contrato.
O prazo para achegar as propostas e maila documentación finaliza o lun 29 de xuño ás 14.30h., sendo válida calquera das formas previstas na lei de procedemento administrativo. O órgano de contratación revisará en primeiro lugar que se cumpren os requisitos para poder concorrer ao contrato e, posteriormente, avaliará as propostas presentadas en base aos criterios establecidos nas bases aprobadas.
Para consultar as bases prema neste enlace: prego bar área recreativa
Últimos comentarios