O Castelo de Moeche será o primeiro escenario en acoller a festa de teatro e historia Reino de Galicia á Escena, proxecto gañador dos “III Fondos de Proxectos Culturais Reino de Galicia”, da área de Cultura da Deputación da Coruña
Reino de Galicia á Escena é un festival histórico-teatral itinerante que se celebra en diferentes espazos históricos de Galiza, como o Castelo de Moeche. O vindeiro 5 de setembro, ás 20.45 h, a troupe de cómicos da compañia de teatro Galeatro visitarán o castelo de Moeche cunha ruta teatralizada que finalizará co espectáculo Arte Sen Guión .
Este proxecto que a Area de Cultura da Deputación da Coruña no agasalla, “Reino de Galicia á escena”, nace con vocación ambulante, e tralo seu comezo en Moeche trasladarase ao concello Mesía.
Unha festa de teatro e historia, da nosa historia, nuns escenarios incríbeis.
Agardamos por ti!!!
📍05/09 no Castelo de Concello de Moeche ás 20:45. Unha vez iniciado o espectáculo non se permitirá o acceso.
🎟️ Entrada de balde ata completar a capacidade do espazo por orde de chegada, prazas limitadas.








Últimos comentarios