O departamento de deportes do concello de Moeche xunto co club de montaña Moeche, invitan a veciñas/os e visitantes a camiñar polas nosas terras con un programa de roteiros guiados no verán.
A primeira andaina será o domingo 18 de xullo pola parroquia de Abade con saída ás 10:00 da igrexa de Mil de Abaixo e chegada no mesmo lugar. Será un roteiro de 12 quilómetros de dificultade moderada pasando por Canosa, Valdixe, o coto do Tesouro, Vilariño, o coto Agudo e Gundiao. A subida ao Coto Agudo pode ser opcional, xa que se sube e baixa polo mesmo camiño.

Debido ás restricións pola situación sanitaria a saída será en grupos de 15 persoas separados por 10 minutos de distancia entre eles, e entre os/as participantes deberase manter unha distancia de 1,5 metros e ademáis os/as menores de 13 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Lembrade que é recomendable levar roupa e calzado adecuado para camiñar polo monte, ademáis de auga e algo de comer.

As inscricións son de balde e xa están abertas ata o venres 16 de xullo no correo daniel.feijoo@moeche.gal , no teléfono 981404006 (ext 3) ou mediante solicitude na sede electrónica moeche.gal.

Documentos para descargar:
FICHA INSCRICIÓN   PDF | DOCUMENTO EDITABLE