Aula TIC de Moeche e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia programaron para o sábado 8 de setembro unha sesión de introdución á montaxe e pilotaxe de drons dirixida a rapazada de entre 12 e 16 anos. O obradoiro  terá lugar no pavillón municipal de San Sadurniño.

Información e reservas:
Aula TIC do Concello de Moeche
Rúa da Feira núm. 32 – San Xoán
Tlf: 981404 006
E-mail: aulaticmoeche@gmail.com