A Deputación provincial oferta dous cursos para acceder aos certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático tanto en espazos naturais -praias costeiras e fluviais- como en piscinas e outras instalacións. No primeiro caso trátase dunha acción formativa de 420 horas -340 teóricas e 80 prácticas- e no segundo a duración será de 210 horas, das que 130 son teoría e 80 de prácticas. As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 4 de febreiro ás 14h e unicamente se admitirán 6 solicitudes de inscrición por municipio.

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

As persoas candidatas deben ser maiores de 18 anos, estar inscritas como demandantes de emprego e estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.

Alén do anterior, as candidatas terán que demostrar contar cunhas condicións físicas óptimas, presentando un informe médico actualizado e superando as probas de natación. Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar ditas probas físicas no caso de un número elevado de inscricións, só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello

As persoas interesadas en participar nestas accións formativas deberán entregar no Concello antes do día 4 de febreiro ás 14h, o formulario de solicitude e o informe de saúde actualizado.

Documento informativo completo

Formulario de solicitude