Celebraranse cada mércores de 18:00h a 19:30h no Fco. Piñeiro de Abade de marzo a xuño, serán completamente gratuítos, e estarán guiados por AFAL Ferrolterra.

Dentro do Programa Coidat+ creado desde a Área de Benestar Social, o Concello de Moeche e AFAL Ferrolterra poñen en marcha un obradoiro de musicoterapia para persoas maiores de 60 anos do municipio.

Nesta liña, a Concellería de Benestar Social vén de abrir o prazo de inscrición no programa, de balde para as persoas participantes.

As prazas son limitadas e para anotarse é preciso formalizar a solicitude no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial ou chamando ao teléfono 981404006.

A actividade estará guiada por AFAL –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ferrol e comarca- e está previsto que inicie o mércores día 12 de marzo.

Esta actividade está financiada a través da subvención para o financiamento de actividades de envellecemento activo e actuacións contra a soidade non desexada no ano 2025 da Deputación da Coruña.