A chegada do verán tamén marca o inicio da temporada de piscina na área recreativa de Soutogrande. O vaso estará aberto ao público xeral desde o 18 de xuño até o 16 de setembro mantendo os mesmos horarios que en anos anteriores.  Tamén o espazo do bar, resolto  o concurso público abrirá as súas portas ao público, pero xa o fará desde o domingo 17,  data en que a área recreativa acollerá unha xornada festiva de fin de curso organizada pola  ANPA do CEIP San Ramón.

A piscina abrirase ao público o luns 18 , ainda que o domingo 17  xa a poderán visitar as nenas e nenos da escola   e de Moeche que gozarán dunha xornada  festiva para despediren o curso, organizada pola ANPA do CEIP San Ramón. A partir de luns 18 a piscina manterá os  horarios dos dous últimos anos:

de luns a venres

sábados, domingos e festivos

xuño

16 a 21.00h.

12 a 21.00h.

xullo e agosto

14 a 21.00h.

12 a 13.00h. para cursos de natación

12 a 21.00h.

setembro

16 a 20.00h.

12 a 20.00h.

As entradas para días soltos poden mercarse no ambigú da propia piscina. Porén, os abonos -que saen moito máis a conta- hai que solicitalos na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14.00h., ou ben enviándolle un correo a daniel.feijoo@moeche.gal. O carné de acceso entregarase despois de presentar toda a documentación requirida. A folla de solicitude de abono pode descargarse desde esta ligazón.

Os prezos públicos de utilización da piscina mantéñense invariables desde 2016, cando se modificou a ordenanza cunha baixa dos abonos familiares:

Cota de entrada pública

Menores de 3 anos

gratis

Infantil (ata 12 anos)

1,50€

Entrada xeral (máis de 12 anos)

2,80€

Abono de temporada

Infantil (ata 12 anos)

15€

Persoas de máis de 12 anos

30,50€

Familiar (ata 4 persoas*)

58,50€

Familiar (a partir da 5ª persoa*)

10€

* As persoas usuarias que integren o abono familiar deberán ter unha vinculación directa entre elas, por afinidade o consanguinidade de 3º grao (avós/as, pai/nai, fillos/as, irmá/a, tíos/as, sobriños/as, bisavós, bisnetos)

Adxudicación do espazo de bar 
Para  a licitación mediante procedemento aberto, do contrato menor para a xestión do servizo de bar e atención das instalacións da piscina municipal durante a temporada 2018, a Mesa de Contratación procedeu  a  apertura das  tres ofertas en acto público e a valoración dos requisitos recollidos no prego de condicións.  A Xunta de Goberno procedeu á axudicación provisional ao licitador  que acadou a máxima puntuación, 65 puntos , sen embargo este presentou a  súa renuncia. En consecuencia resultou adxudicatario Óscar Padín, quen acadou a segunda  mellor puntuación, 46,17 puntos cunha oferta económica de 684,00€. A adxudicación definitiva foi aprobada hoxe pola Xunta de Goberno en sesión extraordinaria. O bar  abrirá as portas ao público desde o domingo 17 de xuño ao 16 de setembro no horario da piscina .