A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas volverá a Moeche na última semana de febreiro. Os dias seleccionados  son  o 24 e 25 e a estación móbil situarase no lugar habitual, no recinto feiral de San Ramón. Os horarios de atención poden consultarse xa na web www.sycitv.com. Débese solicitar cita previa a través desa web ou chamando ao 902 309 000.

A inspección técnica de vehículos agrícolas ten previsto estar en Moeche o 24 e 25  de  febreiro, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.  Quen non consiga vez para ningún deses dous días pode probar a solicitala  nas localidades máis próximas, ben para o 3  ou o 4 de Marzo no Paseo Parque Concello, nas Somozas,  ben  para o 26 de febreiro ou 2 de marzo  en Cerdido, no Campo da Feira na Barqueira,  ou para o 23 de febreiro, en Santa Mariña do Monte, concello de San Sadurniño ou 20 de febreiro na Estación de Servicio Cooperativa Vilaboa, concello de Valdoviño..

As citas hai que pedilas a través da web www.sycitv.com ou chamando ao 902 309 000.

Prégaselles ás persoas usuarias a máxima puntualidade para evitar demoras innecesarias. É importante, ademais, levar toda a documentación requirida: permiso de circulación, o certificado de características técnicas do vehículo, a tarxeta da inspección técnica e o recibo do seguro.

A empresa concesionaria informa de que a admisión de vehículos con características particulares estará a condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentaria.

Desde o Concello editouse o correspondente bando da Alcaldía coa información  referida a data, horarios e forma de   solicitar cita previa.