A unidade móbil 07 da inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Moeche o 4 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 h. A unidade, coma sempre, situarase no recinto feiral de San Ramón. Débese solicitar cita previa a través da web ou chamando ao 902 309 000. Por outra parte, a inspección técnica de vehículos agrícolas ten previsto estar en Moeche o 24 e 25 de febreiro o, en horario de 15:15 a 18:00 horas; farase un recordatorio máis achegada a data.
A Unidade Móbil 07 de inspección técnica de CICLOMOTORES desprazarase ao Concello de Moechenas seguintes datas e localización:
Data: 04/02/2026
Lugar: recinto feiral
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá,
Para solicitar cita previa:
Por teléfono: 981 92 80 80
A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa.TV Ciclomotores
Lémbrase que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
Prégaselle ás persoas usuarias a máxima puntualidade para evitar demoras innecesarias. É importante, ademais, levar toda a documentación requirida: permiso de circulación, o certificado de características técnicas do vehículo, a tarxeta da inspección técnica e o recibo do seguro.
Para axilizar a inspección -e tamén para ter máis garantías de superala- tamén é aconsellable facer previamente varias comprobacións, como o correcto funcionamento de luces, intermitentes, sinalización de emerxencia , etc.








Últimos comentarios