O IX Slalom de Moeche xa está ás portas e a Escudería Moeche avanza cos preparativos e trámites. Como nos úlitmos anos, unha desas xestións é a sinatura dun convenio de colaboración .A alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy,  e maila vicepresidenta da Asociación Automobilística Moeche, Marta Sánchez Novo, asinaron este pasado venres na Casa do Concello o convenio de colaboración entre o consistorio e a entidade para a organización do IX Slálom Concello de Moeche que unha vez máis percorrerá as rúas de San Ramón o vindeiro 20 de xullo. O acordo establece apoio loxístico e organizativo e unha achega municipal de 3.000 euros para o evento. subministración do valados para todo o circuíto, a adquisición de trofeos e xestión da  presenza de Protección Civil ou a cesión para ese día de espazos no propio Concello e na nave do Mercado.

O IX Slálom de Moeche-terá lugar o sábado 20 de xullo e a Escudería Moeche leva xa un tempo traballando na organización e nos trámites que require uha proba destas características. Este evento exixe unha detallada organización e un amplo dispositivo humano. Para todo isto a Escudería Moeche conta coa colaboración de voluntariado que bota unha man nos preparativos e na propoa xornada do slálom, coa colaboración de varias firmas comerciais de dentro e fóra do municipio, así como do Concello de Moeche mediate a sinatura do correspondente convenio.

O convenio asinado  esta semana entre o Concello e a entidade organizadora do evento, a Escudería Moeche, establece unha achega de 3.000,00€, contía aprobada nos orzamentos municipais de 2024, ademasi da adquisición de trofeos, o uso de espazos necesarios no recinto feiral e a xestión da presenza de membros de diferentes agrupacións de Protección Civil de concellos próximos ou a subministración de 200 valos de protección e unha motobomba. Valados para os que o concello conta coa colaboración de Navantia e do Concello de San Sadurniño.

Ao logo destes días a Escudería Moeche vai dando a coñecer os detalles e as novidades desta IX edición. A zona acoutada para a proba e as áreas de aparcadoiro poderase consultar nun documento descargable desde a web da Escudería Moeche.No documento tamén figurará a imaxe satelital das rúas do centro urbano que permanecerán cortadas desde as 18:00h do venres 19  ata as 12:00h do domingo 21, que xa se avanza no documento que figura ao final desta nova. As persoas residentes terán espazo reservado fronte ao estanco para deixaren alí os seus coches, desde onde poden saír cara á estrada de Ortigueira ou Cristo do Rañal.

Imaxe rúas cortadas – do venres 19 de xullo, as 18. 00 h ata o domingo 21 ás 12.00 horas- con motivo da celebración do IX Slálom Concello de Moeche