A partir das 12 da noite do venres 15 entran en vigor as novas medidas. Á espera de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia, a información trasmitida pola Xunta de Galicia indica que se establecen  dous nivels, un medio-alto  con carácter xeral par todos os concellos , e un nivel  alto que afecta a 60 concellos. Ningún concello, aínda que teña unha situación mellor,  estará por debaixo do nivel medio-alto.

Establecense, pois, dous niveis para toda Galicia, o máximo – para 60 concellos , e o nivel medio-alto para os restantes concellos. No nivel medio-alto, no que se encadra Moeche e os concellos limítrofes, non se establece peche perimetral, Con todo, desde a Xunta de Galicia recoméndase non desprazarse máis que para asuntos como actividades sanitarias, escolares, coidado de dependentes e compras esenciais, así como as tarefas laborais.

As novas medidas para toda Galicia son

    • Toque de queda ás 22.00 horas.
    • A hostelaría debe pechar ás 18.00 horas. Permítese o reparto a domicilio
    • Os comercios pecharán como moi tarde ás 21,30 h e cun 50 % da súa capacidade como máximo, tal e como ata agora
    • Os espazos recreativos, turísticos e similares: 50% do aforo e nunca grupos de máis de 4 persoas
    • Nos centros comerciais prohíbese permanecer en espazos común.
    • As xuntanzas, tanto públicas como privadas, estarán limitadas a catro persoas non conviventes . Como recomendacion, establécese que non se manteñan reunións de non conviventes nas casas a partir das 18,00 horas
    • As visitas hospitalarias limítanse a unha persoa por paciente salvo casos excepcionais
    • Actividades deportivas con grupos de máximo 4 persoas e un aforo do 50 %
    • Cines, teatros e auditorios: 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre

Nos concellos de nivel medio-alto, como Moeche a hostelería teñen o aforo limitado a un 30% no interior e un 50% no exterior

Situación actual en Moeche

A dia de hoxe. 13 de xaneiro, Moeche está na franxa entre 1 e 9 afectados; e de acordo cos datos concretos que nos facilita o Sergas, conta con 4 casos. A situación varía con frecuencia e os datos no conxunto de Galicia e na nosa comarca son preocupantes, e se ben de momento Moeche se mantén en números de afectados nun nivel baixo, desde o Concello acordouse activar de novo medidas como o servizo de atención domiciliaria para  axudar a facer a compra de alimentos ou medicinas en función de como evolucione a situación no termo municipal.

Por outro lado, desde o Concello adaptouse o acceso no centro de saúde , cunhas pequenas obras nas beirarrúas, co fin de que se poidan facer as probas de antíxenos desde os automóbiles para as persoas que sexan citadas , de tal xeito que non teñan que acceder ao interior do centro.