A Consellería do Medio Rural PROHIBE CALQUERA QUEIMA de restos agrícolas e forestais desde HOXE ÁS 00.00 HORAS ata novo aviso de acordo o índice de risco diario de incendios forestais, co IRDI.
Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición
A lexislación autonomica sobre prevención de incendios obriga a manter o monte limpo e a gardar as distancias con respecto ás vivendas, é responsabilidade das persoas propietarias de parcelas plantadas. Lémbrase que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Fotografía: El País.
Últimos comentarios