No verán en Moeche xa é tradicional a oferta municipal de actividades ao aire libre. É un non parar, actividades deportivas para persoas adultas e para a xente miúda e andainas nocturnas ,xunto á programación cultural e turística que, en breve, se anunciará, e o xa publicado campamento de conciliación Sementeira.
O programa Verán en Acción: natación, aquagym, tenis e ximnasia ao aire libre comezará en breve para dinamizar o período de verán. O prazo de inscrición comezará a partir do xoves 12 de xuño -na Casa do Concello ou na Sede Electrónica municipal- e as clases iniciaranse na primeira semana de xullo.
Programa Camiñadas “entre lusco e fusco“
Este verán Moeche ofrece de novo as agradables rutas nocturnas do programa Entre lusco e fusco. As datas serán o 5 de xullo, sábado , a partir das 21.30 h, e o 9 de agosto, sábado, ás 22 horas.. Estas andainas son gratuítas, e só será necesario un foco ou lanterna, chaleco reflector, roupa e calzado axeitados e os menores deberán ir acompañados dun adulto. En canto ás rutas, en breve daremos os detalles polo miúdo Inscricións no correo: daniel.feijoo@moeche.gal.
Información na Concellería de Deportes e inscrición na Casa do Concello, de luns a venres de 8.30 a 14.00h ou ben na sede electrónica na web municipal; telefono 881 82 01
Natación e Aquagym
A piscina municipal acollerá de novo cursos de natación para persoas adultas maiores de 16 anos durante os meses de xullo e agosto, e tamén para os máis pequenos de entre 4 e 15 anos, con dous niveis de aprendizaxe.
- Cursos de natación infantil iniciación: mércores e venres, de 12.30 a 13.15h
- Cursos de natación infantil perfeccionamento: mércores e venres de 11.30 a 12.30h
- Curso de natación e aquagym para adultos: luns e xoves de 12.00 a 13.00h
Prezos: Aquagym: 20€/mes Natación infantil: 15€/mes
Tenis
Clases de tenis nas pistas de Abade para os menores de 16 anos. Horarios: todos os luns de 11:00 a 13:00 (dous grupos de unha hora segundo o nivel). Impartido por monitor externo e será necesario acadar un mínimo de 10 inscricións.
Prezos: 20€/mes
Lugar: pistas de tenis en Trieiro (Abade)
Ximnasia ao aire libre
E para os maiores de 50 anos, haberá ximnasia ao aire libre nas inmediacións da casa do concello, mantemento, pilates, e utilización dos aparellos do parque biosaudable.
Data: martes e xoves de 10.30 a 11.30h
Lugar: parque biosaudable (Casa do Concello)
Prezo: 12€/mes.; maiores de 65 anos, 9€/mes
Data de comezo das actividades: 1ª semana de xullo Data remate: finais de agosto.
Información no teléfono 881 820 109 ou correo a daniel.feijoo@moeche.gal. Os formularios están dispoñibles no propio departamento de Deportes, no Rexistro Xeral ou ben poden descargarse da web municipal (ao final desta información).
Inscrición; poderase facer a partir do xoves 12 de xuño, no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, de luns a venres, en horario de atención ao público, de 08.30 a 14.00 h , ou ben na sede electrónica (www.moeche.gal)
Follas de inscrición
Natación infantil perfeccionamento
Últimos comentarios