A mellora e acondicionamento do parque infantil, situado detrás da Casa do Concello, así como a necesaria adaptación dos elementos de suxeición dos xogos rematou hoxe e xa se abriu de novo ao público.

As obras consistiron na instalación dunha nova malla arredor do parque, reposición de pezas deterioradas,  novos elementos de suxeición, pintado de xogos, lavado e nova colocación das losetas do parque,  suxeición perimetral  das losetas. Nos próximos días instalarase mobiliario  urbano (bancos e papeleiras) do que carecía e  os novos indicadores. Estas obras  veñen complementar as tarefas realizadas na primavera de mellora e mantemento do peche de madeira e uns meses antes a  instalación de iluminación pública da zona.