Pouco a pouco e con moita prudencia imos retomando a actividade sociocultural, que para este outono trae varias citas empezando polo comezo das escolas deportivas. Para ofrecermos as máximas garantías foi necesario reducir os grupos a 8-10 persoas como máximo e, no caso de que haxa máis demanda, ofertar horarios alternativos para procurar que ninguén quede sen practicar o que lle guste. Tamén se reduciu un chisco a duración das sesións para  ter tempo a facer as desinfeccións e para evitar a coincidencia das persoas que saian coas que entran na seguinte quenda.

As inscricións poden facerse desde o 1 de outubro a través da Sede Electrónica  ou de maneira presencial no departamento de Deportes en horario de 9 a 14.00h. de luns a venres. Terán prioridade as persoas que xa asistisen ás actividades o ano pasado e tamén as que estean empadroadas en Moeche.

As clases comezarán o 13 de outubro e será necesario cumprir con toda a normativa preventiva, para o que se entregarán follas explicativas moi doadas de comprender. De momento só imos comezar coas escolas deportivas para persoas adultas. No caso das escolas infantís agardarase ata despois do Nadal e o seu desenvolvemento dependerá de que se poida garantir o cumprimento das normas recollidas no protocolo establecido pola Consellaría de Educación.

HORARIO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
ACTIVIDADES DE MAÑÁ NO LOCAL SOCIAL DE ABADE
10.00 a 11.00 Pilates para alumnado do curso pasado (grupo 1) Pilates para alumnado do curso pasado (grupo 1)
11.10 a 12.10 Pilates para alumnado novo (grupo 2) Pilates para alumnado novo (grupo 2)
ACTIVIDADES DE TARDE NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO (Pilates en Abade)
16.00 a 16.50 Reservada para reanudación de actividades infantís ou outro grupo de maiores no caso de alta inscrición
17.00 a 17.50 Ximnasia de mantemento para maiores (grupo 1) Ximnasia de mantemento para maiores (grupo 1) Ximnasia de mantemento para maiores (grupo 1)
18.00 a 18.50 Ximnasia de mantemento para maiores (grupo 2) Ximnasia de mantemento para maiores (grupo 2) Ximnasia de mantemento para maiores (grupo 2)
19.10 a 20.00 Pilates

(grupo 3)

Pilates

(grupo 4)

Pilates

(grupo 4)

20.15 a 21.15 Spinning Pilates      (grupo 3) Spinning

O cumprimento desta programación está condicionado polo número de solicitudes e, máis que nada, pola evolución da pandemia e as posibles restricións que poidan decretarse nas próximas semanas, razón pola que as actividades poden verse modificadas ou incluso suspendidas.

Follas de inscrición nas actividades;

Spinning

Maiores+

Pilates

Normas mínimas anti COVID 19 para o desenvolvemento das actividades deportivas

  • Manterase unha separación mínima interpersoal de, polo menos, 1,50 metros
  • Uso obrigatorio de máscara en espazos comúns
  • Dependendo da actividade que se realice, poderase estar sen mascara só durante o exercicio físico sempre e cando o monitor o autorice e se asegure a separación de 2 metros con outras persoas en todo momento.
  • As persoas usuarias das escolas deportivas asinarán unha declararación  conforme  son coñecedoras da normativa sanitaria anti covid-19 no relativo ao uso das instalación e actividades deportivas, e comprométense a cumprilas
  • Non se compartirá material deportivo. Dependendo da actividade, e segundo indique o monitor, cada persoa usuaria terá que traer o seu material
  • Os vestiarios e duchas permanecerán pechados. Os baños si se poderán utilizar
  • Non se compartirán bebidas.
  • Naqueles casos en que se usen toallas ou calquera elemento de hixiene, non se poderá compartir; deberán ser de uso individual
  • Non se poderá acudir ás escolas deportivas cando se presenten os seguintes síntomas:
  • Febre, tose ou dificultade respiratoria
  • Perda de olfacto ou gusto
  • Diarrea, dores musculares, de gorxa ou de cabeza non habituais
  • Tampouco se se está en illamento ou corentena