Aberta a licitación da compra de maquinaria municipal por  27.800€: trituradora forestal, cortacéspede e un remolque. O Concello saca a concurso na Plataforma de Contratos do Estado(PLACE) a subministración de trituradora para o tractor, un cortacéspede e un remolque. As empresas interesadas en presentar ofertas poderán facelo ata o 20 de outubro de 2026 na PLACE. O importe  de licitación é  de 27.800€.

Este é un dos proxectos presentados polo Goberno municipal aos fondos do Plan Único da Deputación da Coruña, POS+2026 e que, tras a súa aprobación polo ente provincial e exposición ao público , é obxecto de licitación.

A maquinaria obxecto de licitación debe cumprir os requisitos que  especifican na memoria técnica e , no caso da trituradora forestal deberá ser apta para acoplarse aos tractores municipais; o cortacéspede, de xiro cero, entre outras características debe ter un ancho de corte >125 cm; e , así mesmo , adquirirase un remolque de 270x 160 cm   para os vehículos do Concello.

O prazo para presentar ofertas remata o 20 de outubro ás 23:59 h e deberán presentarse na Plataforma de Contratos do Sector Público.

Enlace á licitación