As entidades veciñais, deportivas e culturais do municipio que non teñan ningún tipo de convenio asinado, ou previsto asinar, co Concello poden acollerse ás axudas para entidades ata o 29 de xullo. As bases foron publicadas polo Concello no BOP do pasado 6 de xullo pero o prazo de presentación non podía comezar a ata que a BDNS publicase o extracto das bases e convocatoria. Esta publicación realizouse onte 14 de xullo
O Concello destina 6.000,00 euros para esta convocatoria, cantidade que se suma ao 40.750,00 euros reservados no orzamento municipal para convenios nominativos e outras axudas.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de xullo de 2021
A xustificación das axudas concedidas deberá presentarse antes do 15 de decembro de 2021
Documentación:
Últimos comentarios