A piscina municipal abrirá ao público co remate do curso escolar . Do 25 de xuño ata o 10 de setembro permanecerá aberta ao público nos seus horarios habituais da tempada de verán. Pódense solicitar os abonos de tempada a partir do luns 12 de xuño.

Chega o verán e volve abrir a piscina municipal. Estas semanas previas desenvólvense os labores de baleirado e limpeza do vaso, foxa, posta a punto da maquinaria,  asi como o acondicionamento e limpeza dos diferentes espazos  e outros.  O horario da piscina nesta tempada de verán comeza o 25 de xuño e remata o 10 de setembro, ambos os días incluídos. En xuño permanecerá aberta de 16 a 21.00h. de luns a venres e de 14.00h. a 21.00h. os sábados e domingos. Durante os meses de xullo e agosto, de 15.00 a 21.00h. pola semana e de 14.00. a 21.00h. os sábados, domingos e festivos, ademais de reservar as mañás de 12 a 13.00h. para cursos de natación. E xa en setembro abrirá de 16.00 a 20.00h. de luns a venres e de 14.00h. a 20.00h. durante as fins de semana.

As entradas para días soltos poden mercarse no ambigú da propia piscina. Os abonos hai que solicitalos a partir do  luns 12 de xuño na Casa do Concello, en rexistro xeral, de luns a venres en horario de 9 a 14.00 ou na sede electrónica do Concello: www.moeche.gal. O carné de acceso entregarase despois de presentar toda a documentación requirida. A folla de solicitude de abono pode descargarse nos enlaces ao final deste texto ou ben recollerse na Casa do Concello. Para a veciñanza de Moeche manterase unha reserva dos abonos durante os primeiros días -do 12 ao 16 de xuño- o 75% dos abonos dispoñibles. A documentación que se debe presentar para solicitalos é unha copia do DNI da persoa aboada, unha foto tamaño carné e o xustificante do pagamento da taxa e, por suposto, cubrir a ficha correspondente. Pode solicitarse  información no Concello ou ben enviándolle un correo a daniel.feijoo@moeche.gal.

Prezos
Mantéñense os prezos públicos da piscina manteranse como o pasado ano.

Cota de entrada pública
Menores de 3 anos,  gratis
Infantil (ata 12 anos,  1,50€
Entrada xeral (máis de 12 anos),   2,80€
Abono de tempada
Infantil (ata 12 anos), 15,00€
Persoas de máis de 12 anos, 30,50€
Familiar (ata 4 persoas*),  58,50€
Familiar (a partir da 5ª persoa*),  10,00€
* As persoas usuarias que integren o abono familiar deberán ter unha vinculación directa entre elas, por afinidade o consanguinidade de 3º grao (avós/as, pai/nai, fillos/as, irmá/a, tíos/as, sobriños/as, bisavós, bisnetos)

Control do IRDI: “churrascadas” na área recreativa en período de altas temperaturas.

Recórdase que durante o período de máximo risco de incendios -do 1 de xullo ao 30 de setembro- só se poderán facer churrascadas nas lareiras de pedra habilitadas e sempre asegurándose antes de que o Índice de Risco Diario de Incendio (IRDI) non estea en Moeche no nivel extremo. No ambigú ofrécese o servizos de préstamo de grellas, con depósito dunha fianza que se devolverá coa entrega das grellas nas mesmas condicións en que se entregaron. Así mesmo, lémbrase que non se permitirá o acceso de cans á piscina nin á are (salvo os de guía).
O nivel de IRDI públicase diariamente na web da Consellería de Medio Rural:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/defensa-monte/irdi

Documentos descargables:

Abono familiar

Abono  individual adulto

Abono individual  infantil