Avanza Sementeira cunha acampada na noite das bágoas de San Lorenzo.
As nenas e nenos participantes no Sementeira ,tanto no mes de xullo como no mes de agosto, gozaron dunha acampada conxunta e dunha coas familias -unhas deliciosas pizzas de Mesón O Campo, de Moeche- , e logo da man da Asociación Io da Coruña foron ver as as estrelas nunca noite con ceo aberto, fermoso, que lles permitiu coñecer as formas e os nomes de varias agrupación de estrelas. Mas antes, ofrecéronnos un teatro de sombras con orixinal conto argallado por el@s. O venres pola mañá, logo de almorzar na acampada foron de visita á feira e xogar ao parque municipal, sen esquecer a reciclaxe e a rega da plantación que fixeron a anterior semana, e que coidan con agarimo.
A semana que vén contarán con varias sorpresas que irán contando.
Últimos comentarios