Co fin de frear a deterioración do local social de Casabranca execútanse obras no tellado e a na  primeira planta

O  local social de Casabranca (antiga biblioteca)   deixou de acoller a biblioteca  municipal xa no 2015 , trasladada á Casa do Concello, e destínase desde  o 2016 a actividades culturais   e deportivas-  ali impártense desde aquela  as clases de Pilates (primera planta) , o obradoiro de bordado (planta baixa)-  e ao tempo distribuíronse mediante convenio espazos  para a  ANPA do CEIP San Ramón e para PromaMoeche.

Dada a deterioración do local nos últimos anos, este verán estante a executar as primeiras obras de mellora. Remataron xa  o pasado mes de xullo as tarefas do tellado e canalóns – executadas por unha empresa de albanelería do municipio-  que estaban a causar goteiras na primeira planta, e agora comeza a colocación de tarima na primeira planta – co fin de ofrecer  un mellor espazo para as clases de  Pilates- , a cargo dunha empresa de carpintería local.

Ao programa de mellora de acondicionamento dos locais socioculturais municipais iniciado no 2016 polo Concello, súmase  o local social de Abade coa instalación da calefacción – xa rematada-  e o adecentamento do interior  coa instalación de cortinas e  pintado de paredes e aparcadoiro exterior.