A lista definitiva baremada  proposta pola Comisión Cualificadora foi aprobada con data 4 de abril de 2018. O Concello, en cumprimento do establecido no Regulamento da bolsa de emprego de contratación temporais do SAF, abreu o prazo desde o 1 ao 28 de febreiro para  a  presentación de  instancias para entrar formar parte das listas de contratación do Servizo de Axuda no Fogar ou para a revisión dos méritos de quen xa forma parte da lista.

A bolsa de emprego  de auxiliares  do SAF  permítelle ao Concello realizar contratacións para cubrir as baixas por enfermidade, licenzas, vacacións ou os incrementos temporais do servizo. No ano 2016 o Concello acordou elaborar un regulamento  de creación e funcionamento da citada bolsa de emprego, a cal se actualizará todos o anos durante o mes de febreiro,

Nas seguintes ligazóns  pódesen consultar os documentos relacionados co proceso de actualización da bolsa de emprego 2018

Actualización da bolsa de emprego 2018

Regulamento da bolsa de emprego do SAF

Modificación das bases do regulamento da bolsa de emprego do SAF