A listaxe definitiva baremada proposta pola Comisión Cualificadora foi aprobada con data 22 de marzo de 2021 por resolución da Alcaldía. O Concello, como é habitual desde a creación destas bolsas no ano 2017, abriu o prazo desde o 15 de xaneiro ao 14 de febreiro para a presentación de instancias, ben para entrar a formar formar parte das listas de contratacións temporais dos postos de condutor/a e peón ou peoa, ben para a revisión dos méritos de quen xa forma parte da citada bolsa.
Rematado o prazo de presentación de documentación, a Comisión Cualificadora realizou as baremacións e confeccionou as novas listas, que foron expostas ao público e elevadas a definitivas por resolución da Alcaldía. A lista do posto de peón queda constituída por 34 persoas e a de operarios condutor, por 15 persoas. Permanecerán en vigor ata a nova actualización, que se realizará dentro dun ano
A formación e regulación das dúas bolsas de traballo para realizar contratacións laborais temporais como condutor operario e peón de obras e servizos municipais para o Concello de Moeche regúlanse polas bases publicadas no BOP do 04/04/2017 .Estas bolsas de emprego permítenlle ao Concello realizar contratacións con fondos propios para cubrir as baixas por enfermidade, licenzas, vacacións, se é o caso, ou os incrementos temporais do servizo.
Na seguinte ligazóns pódesen consultar os documentos relacionados co proceso de actualización da bolsa de emprego 2021
Actualización 2021 das bolsas de peòn e de operario condutor
Apertura prazo de actualización
Últimos comentarios