O Goberno municipal adxudicou a licitación das obras de pavimentación de pistas e camiños das cinco parroquias, de zona de concentracións parcelaria, por importe total de máis de 150.000,00€, situadas O Confurco, Abelleira ao Retorno (Santa Cruz) , As Sequeiras -Trieiro, As Barbelas, Lavandeira – Vilapedre, (Abade -Labacengos) e Melle, DP 4907 a Portogonzalbo (San Xurxo-San Xoán).

A Xunta de Goberno aprobou as adxudicacións dos tres proxectos presentados polo Goberno municipal aos fondos europeos para a rehabilitación de camiños en zonas onde se realizasen procesos de concentración ou reestruturación parcelaria, fondos xestionados por AGADER. As obras desenvolveranse  nos meses de agosto a outubro

O Concello de Moeche presentou tres proxectos a esta convocatoria nos que se incluíron pistas situadas nas cinco parroquias. Con cargo a  estes fondos europeos achegados por AGADER asúmese pun 79% e o Concello faise cargo do 21% restante. Moeche foi un dos concellos  beneficiados  dos investimentos para o acondicinamento e mellora de camiños en zona de concentración parcelaria  fondos que, segundo indica a  alcaldesa,  Beatriz Bascoy “se ben exixen unha considerable achega económica por parte do concello e contratación de proxector,   axudan a manter en boas condicións a extensa rede de camiños e vías do concello que conta con amplas zonas de concentración parcelaria” 

A contía inciial de licitación ascendeu  a 151.710,98 euros  Do 100% do orzamento elixible aprobado-, o 75% dos fondos proveñen do FEADER, a Xunta achega outro 17,5% e o Ministerio de Agricultura outro 7,5%. Pola súa parte, o Concello asumirá preto de 30.000 euros – os gastos de IVE e os gastos de control de calidade e redacción de proxectos que superan os 9000 euros.

O primeiro dos proxectos aprobado inclúe actuacións na parroquia de Santa Cruz, e adxudicouse por importe de 31.792,75(IVE incluído) a Construcciones Mantiñan. Actuarase nun camiño do Confurco e a construción de salvagabias e gabias no camiño Abelleira – O Retorno. No primeiro, O Confurco, con 240 metros de lonxitude, constrúense novas canalizacións, gabias e acondicionarase un primeiro tramo con rega asfáltica e un novo tramo con saburra. A segunda actuación deste proxecto – Abelleira ao Retorno- contempla traballos en 2675 metros polas dúas marxes, con limpeza de gabias, novas canalizacións, e embocaduras de formigón e tratamento nas zonas danadas.

O segundo proxecto foi adxudicado da Canarga S.L, quen presentou a melllor ofertar económica e o maior prazo de garantía – 3 anos- Inclúe actuacións nas parroquias San Xoán -San Xurxo ascende a 63.921,00 € euros -impostos incluídos– e céntrase nos camiños de acceso a Melle e o tramo desde A Zapateira – Portogonzalbo. No camiño de Melle, cunha lonxitude de 175 metros, acometerase un recrecido en toda a superficie e dobre rega asfáltica. O tramo de Portogonzalbo contempla actuación con aglomerado asfáltico.

No terceiro proxecto viario o adxudicatario resultou Construcciones Mantiñán que presentou unha oferta económica de 54.356,83 € euros. Céntrase nos camiños das concentracións de Abade e Labacengos : As Sequeiras- Trieiro, As Barbelas e Camiño Lavandeira- A Graña -Vilapedre.

No caso do tramo As Sequeiras- Trieiro, os dous camiños forman un cruce e teñen unha lonxitude de 400 metros que se pavimentarán, con perfilado de gabias e novas zonas de drenaxe no cruce. Nas Barbelas actúase sobre o camiño que percorre o núcleo de poboación, con dous tramos ben diferenciados, e unha lonxitude de 250 metros, e contará cun recrecido da superficie e dobre rega asfáltica. A intervención no camiño Lavandeira-A Graña- Vilapedre conta cunha lonxitude de 1280 metros, e acondicionarase nunha primeira parte de saburra e unha segunda de rega asfáltica ademais do perfilado de gabias

Todos os proxectos requiriron autorizacións sectoriais de diferentes organismos:- Dirección Xeral de Patrimonio, ADIF, Augas de Galicia, Deputación de Coruña, Consellería de Infraestruturas- que  manteñen longos prazos na súa concesión e nalgún caso, como ADIF, complexos condicionantes, e As licitacións realizáronse por procedemento  aberto simplificado a través da Plataforma de Contratos do Estado e os criterios de adxudicación foron o prezo e o maior prazo de garantía cun maximo de 5 anos)