Desde esta semana abre as portas ao público polas mañás todos os días da semana, agás os luns que se mantén como xornada de escanso e os martes que só abrirá de tarde. O Castelo de Moeche e o seu Centro de Interpretación Incrementa así en 30 horas semanais o seu horario de apertura ao público, fronte ás 14 que permanecía aberto habitualmente durante o outono e inverno.
A apertura do castelo polas mañás ten como obxectivo facilitar as visitas dos centros de ensino durante o curso e dar así resposta ao programa de Turismo Escolar da Deputación da Coruña, no que se integrou o Castelo de Moeche o pasado curso. Por outra banda, os martes a entrada terá carácter gratuíto polas tardes co fin de dar cumprimento ao establecido na Lei de patrimonio cultural de Galicia , tal e como se acordou en sesión plenaria do mes de agosto.
Esta ampliación de horario pódese levar a cabo grazas á contratación de persoal que o Concello realiza ao abeiro dunha subvención recibida da Deputación da Coruña, por importe de 12.000,00 € para o Centro de Interpretación da Revolución Irmandiña.
Para concertar visitas guiadas de grupos ou maior información: 981 404006 ext. 2
NOVO HORARIO CASTELO DE MOECHE E CENTRO DE INTERPRETACION
OUTONO –INVERNO 2017/2018
Martes : permanecerá aberto en horario de tarde 15.30 a 19.30 h (agás que o luns fose festivo, nese caso o martes será xornada de descanso)
Mércores, xoves e venres
Mañá: 11.30 a 13.30 Tarde: 16.00 a 19.00 h
FINS DE SEMANA E FESTIVOS (excepto 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro)
Mañá: 11.30 a 14.00 Tarde: 16.00 a 19.00 h
Últimos comentarios