A Concellería de Deportes inicia o programa das andainas -coa colaboración da Deputación da Coruña- que percorren cada parroquia neste ano 2022. Así o mes de abril acollerá unha camiñada pola parroquia de San Xurxo na que compartir un fermoso percorrido polo municipio, o primeiro deste programa de roteiros guiados.
Esta andaina terá lugar o domingo 10 de abril pola parroquia de San Xurxo con saída ás 10.30 no Castelo de Moeche, que tamén ha ser o punto de chegada. Cun total de 10 quilómetros e dificultade baixa, pasará polos lugares da Paxota, Ramil, Campos de Vigo, A Ponte, Requiá e de volta ao Castelo.
As inscricións – gratuítas- cómpre facelas no correo daniel.feijoo@moeche.gal, ou no teléfono 981 404006, ext.3., ou tamén mediante solicitude na sede electrónica www.moeche.gal
O prazo para inscribirse comeza o 30 de marzo e remata o venres 8 de abril -as 14.00 horas.
Lembrade que convén levar roupa e calzado adecuado para camiñar polo monte, ademais de auga e algo de comer.
IMPORTANTE: A rapazada de menos de 13 anos deberá ir acompañada dunha persoa adulta.
Documentos para descargar
Folla de inscrición: PDF/ formato editable
Últimos comentarios