As  ribeiras do río Mandeo e o miradoiro da Espenuca, nos concellos de Paderne e Coirós, son os  espazos polos que discorrerá a ruta de sendeirismo que o departamento de Deportes do Concello de Moeche ofrece para o domingo 19 de novembro,.

A ruta ten un percorrido duns de12 km aprox. Dificultade media – baixa, cunha duración estimada de 3 horas. A saída está programada para as 8.30,  diante da Casa do Concello, en autobús, e o regreso sobre as 14.30 h. Recoméndase levar :

  • Calzado forte e que non esvare (zapatillas de trekking ou botas )
  • Peto reflector para tramos pola estrada
  •  Caxato ou bastón para as pendentes.
  • Chapeu, gorra, pano, no caso de día soleado, etc
  • En caso de día de choiva é recomendable ir provisto dun chuvasqueiro e levar outro par de calcetíns e calzado seco para despois da andaina.
  •  Auga ou bebida para hidratarse
  • Alimentos (froitos secos, froita, bocadillo, etc)

    Prezo da actividade:  5 € para maiores de 12 anos e gratis para menores.

Para máis información, pódese chamar ao departamento de Deportes: 981404006/ 639 417 975 ou consultar no correo deportes@moeche.gal

Inscrición : na Casa do Concello ou por correo electrónico, compre achegar a folla de inscrición cuberta

Folla de inscrición

CartelSendeirismo ribeiras mandeo