Aprobación do Plan de sectorización da zona do poligono industrial
Despois de ata tres aprobacións provisionais en anteriores lexislaturas, o Plan de sectorización do polígono industrial apróbase definitivamente no Pleno.
O Goberno municipal aprobou hoxe en sesión extraordinaria do Pleno o Plan de sectorización SAU 1 correspondente á zona delimitada para polígono industrial, logo de que en anteriores lexislaturas se aprobase provisionalmente ata en tres ocasións pero os informes da Xunta de Galicia nunca chegaron a ser favorables ata agora en que se emendaron as deficiencias e incumprimentos sinalados pola Administración autonómica.
Este área correspondente a zona industrial é de propiedade privada e está situada entre Balocos e Abade, ao pé da AC.862. Se ben foi un proxecto anunciado en varias ocasions, nunca tivo plan de sectorización nin proxecto previo aprobado
Acadar esta aprobación definitiva é un paso adiante na elaboración do PXOM, ferramenta fundamental para a ordenación do municipio, plan que o Concello ten xa na última fase de redacción de documentos para aprobación provisional e posterior envío á Secretaría Xeral de Urbanismo para a súa aprobación definitiva.
O documento aprobouse con seis votos a favor, cinco do Grupo Municpal do BNG e un do Partido Popular,
Últimos comentarios