Aprobación do Plan normativo  anual do Concello de Moeche, 2018.

O Pleno en sesión ordinaria de data 15 de febreiro de 2018 aprobou o expediente de aprobación do Plan Anual Normativo deste Concello e publícase co fin de que estea a disposición das persoas interesadas. A nova lexislación de carácter estatal require que  os Concellos e todas as administracións públicas que desexen  modificar,  derrogar ou creara novas ordenanza ou regulamentos quedan obrigados de aprobar e publicar  anualmente no portal de transparencia un “plan normativo” que conteña todas as iniciativas normativas que se pretendan aprobar no ano seguinte. O documento proposto polo Goberno municipal recolle unha exposición de motivos, a relación de regulamentos e ordenanzas obxecto de revisión e modificación, a relación de regulamentos/ordenanzas de nova creación así como  a programación temporal estimada de execución do plan.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas establece a obriga para todas as administracións públicas de aprobaren e publicaren anualmente no portal de transparencia un “plan normativo” que conteña todas as iniciativas normativas que se pretendan aprobar no ano seguinte:

Así mesmo, a Disposición derradeira quinta da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que no prazo máximo de un ano dende a entrada en vigor da Lei (2/10/2016), deberanse adecuar a esta as normas reguladoras dos distintos procedementos que sexan incompatibles con esta lei:

Tras consultar ás diferentes áreas municipais e coas persoas titulares das Concellerías-Delegadas, formuláronse e trasladáronse as súas propostas regulamentarias, de acordo coas demandas e necesidades de mellora e implentación de regulacións máis favorábeis para a veciñanza propúxose que fosen obxecto de revisión e modificación ou derrogación os seguintes  regulamentos e ordenanzas

  • Ordenanza  reguladora da tenencia de animais potencialmente perigosos

  • Ordenanza xeral de subvencións

  • Regulamento  de protocolo

  • Regulamento de distincións honoríficas

  • Ordenanza reguladora do prezo público por ocupación do dominio público local con venda ambulante

  • Modificación da Taxa pola prestación do servizo de subministración de auga a domicilio

  • Ordenanza reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

III. Relación de regulamentos/ordenanzas de nova creación.

  • Ordenanza reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais en relación cos traballos forestais e similares.

  • Ordenanza Reguladora do prezo público polo servizo de limpeza de terreos e predios.

  • Ordenanza municipal reguladora das feiras e de venda ambulante ou non sedentaria.

  • Regulamento municipal do Mercado de Moeche.

  • Regulamento de participación cidadá.

  • Ordenanza para o uso social da lingua galega.

  • Regulamento orgánico municipal.

Unha vez que se fagan as consultas previas á cidadanía, seguirase o procedemento establecido na lei, dándolle prioridade a aprobación das modificacións que foron propostas e aprobadas pola Corporación Municipal.

Documento plan normativo anual https://moeche.gal/wp-content/uploads/2018/03/anuncio-plan-normativo.pdf