Aprobada a licitación para ampliar novas redes de abastecemento de auga en San Xoan (Portogonzalbo-Forxao) e Santa Cruz (A Senra), cun importe de 39.048,72€ con cargo ao incremento dos fondos do POS+2023 mediante o POS+ adicional. No marco de programa de progresiva ampliación da rede municipal de abastecemento de auga, o Goberno municipal aprobou hai uns días a licitación, mediante contrato menor, das obras que permitiran seguir ampliando a rede de auga en San Xoán, ata Forxao, asi como na Senra en Santa Cruz. Na mesma liña incluíuse no POS+ Adicional 2024 a construción da rede, preto de 3 quilómetros, desde San Xiao aos lugares de Vilachave, O Porcal, Barbelas e Bieiteiras.
Tras a aprobación por parte da Xunta de Goberno da licitación por contrato menor por importe de 39.048,72€ (IVE incluido), nas próximas semanas contratarase a execución desta novas obras de ampliación da rede.
No caso da nova rede de abastecemento de auga na parroquia de San Xoán, o inicio da nova rede de colectores para dar servizo aos lugares de Portogonzalbo e Forxao sitúase en Portogonzalbo. Durante a recente ampliación da rede de abastecemento dende San Xurxo ata Beleiriz xa se deixou neste cruce de Portogonzalbo o arranque do novo ramal cara a Forxao, que terá unha lonxitude de 510 metros, e instalarase unha derivación cara aos lugares próximos.
No novo tramo na rede de abastecemento de auga na parroquia de Santa Cruz o arranque estará na pista dende Amosa cara ao Retorno, por onde discorre a nova canalización. A nova rede na Senra terá unha lonxitude total de 275 m. Do mesmo xeito que na parroquia de San Xoán, para unha correcta xestión e funcionamento da nova rede en Santa Cruz se instalarán 3 válvulas de corte, útiles para baleirado das canalizacións e operacións de mantemento ou en reparación de avarías
A subministración á Senra é posible grazas á construción dos novos puntos de captación xa que contemplaban a canalización cara ao Retorno na parroquia de Santa Cruz, o que permite agora ir ampliando progresivamente a novos lugares da parroquia. A última obra de mellora da rede e construcción de puntos de captación propia para Moeche permitiu ampliar a rede de abastecemento na parroquia de Santa Cruz, a única que malia estar atravesada pola rede de auga, non tiña subministro domiciliario.
O Concello ten a obra recepcionada e lista desde finais do outono pasado, incluídos os trámites posteriores a execución da obra por parte da empresa eléctrica. Tras recibir toda a tramitación final da Consellería de Sanidade a comezos de ano, aínda foi neste pasado mes cando se realizaron por parte de Augas de Galicia as vistas de inspección das obras e queda por recibir a documentación final da concesión. A alcaldesa mantivo a inicios do ano unha reunión coa anterior directora deste ente para solicitarlle que se axilizasen os trámites da alta da concesión e coñecer en que medida afectarian estas demoras e a entrada en vigor de nova normativa. Desde o Concello agárdase que Augas de Galicia remita xa documentación final da concesión desde os novos puntos de captación e deste xeito estea en marcha no momento da conexión desta nova obra de ampliación da Senra.
Últimos comentarios