O Goberno municipal aprobou a licitación da obra de Novo tramo de saneamento en San Xiao por importe de 69.537,10€, financiado con cargo aos fondos do POS+2025 da Deputación da Coruña. O novo tramo de  saneamento en San Xiao, – preto de 800 metros- dará servizo ás vivendas da estrada San Xiao- Labacengos entre San Xiao de Abaixo e San Xiao de Arriba; vivendas que por estar nunha cota máis baixa quedaron fóra do anterior tramo de saneamento no lugar malia  a proximidade.

A nova rede de saneamento comprenderá cun colector único independente cunha lonxitude de 795 metros e rematará na depuradora de augas residuais de San Xiao. Conta coas respectivas autorizacións sectoriais de Augas de Galicia, Deputación da Coruña e finalmente a de Axencia Xeral de Infraestruturas. A obra debe executarse nun prazo máximo de 4 meses desde a sinatura da acta de inicio.

Os traballos, que dan resposta a unha demanda veciñal, fináncianse cunha achega económica do POS+ provincial 2025. O orzamento base de licitación está fixado en 57.468,68€ máis IVE -12.068,42 € en total- 69.537,10€
Esta infraestrutura sanitaria supón un avance na extensión da rede de saneamento, en paralelo co incremento da rede de subministro de auga, que ten carácter prioritario dadas as necesidades existentes. Este proxecto súmase aos novos  saneamentos executados nos últimos tempos en Abade, San Ramón e Santa Cruz.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas na Plataforma de Contratos do Sector Público nun prazo de 20 días naturais, contados desde o día seguinte da publicación da licitación na plataforma. O prazo remata o 21 de setembro, ás 23.59 h

Enlace licitación