A partir da publicación na Base de Datos Nacional de Subvencións do extracto da convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro aprobada polo Concello de Moeche, as asociacións modestinas poden presentar as súas solicitudes durante 15 días naturais. Dito doutro xeito, as entidades veciñais, deportivas e culturais do municipio que non teñan ningún tipo de convenio asinado -ou pendente de asinar- co Concello poden acollerse ás axudas para entidades ata o día 27 de setembro.
As bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno e logo publicadas no BOP do pasado 7de setembro, sen embargo o prazo de presentación non comeza a contar ata o día seguinte en que a BDNS publica o extracto das bases e convocatoria. Esta publicación realizouse o 13 de setembro. As entidades foron informadas do contido das bases unha vez aprobadas e publicadas, o pasado 7 de setembro, previamente ao anuncio do extracto da BNS.
As bases recollen unha liña para as entidades deportivas e outra para as culturais,veciñais e educativas, en todas elas se poden incluír gastos xerais, obras e actividades realizadas ou por realizar no exercicio actual. O Concello destina 4.500,00 euros para esta convocatoria, cantidade que se suma ao 33.500,00 euros reservados no orzamento municipal para convenios nominativos e outras liñas de axudas para diferentes fins.
O acordo de concesión definitiva notificaráselles individualmente aos solicitantes, e publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións. Pagarase o 50% do importe da subvención, logo da notificación da concesión, se a entidade beneficiaria o solicita. O 50% restante, ou a cantidade que proceda, pagarase logo da xustificación da subvención, de acordo co establecido nesta convocatoria. De non solicitar o anticipo a entidade, pagarase o 100% da subvencións tras a xustificación da subvención.
Para o cobro da subvención, tanto do anticipo prepagable como o pago despois da xustificación, as entidades beneficiarias deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e co Concello.
A xustificación das axudas concedidas deberá presentarse antes do 15 de decembro de 2022
Documentación:
• Bases reguladoras da convocatoria
• Extracto Base Nacional de Subvencions BOP
• Documentos para solicitudes
• Documentos para a xustificación
Últimos comentarios