As Escolas Deportivas Municipais abren a inscrición o próximo 4 de outubro a través da Sede Electrónica ou de maneira presencial no departamento de Deportes en horario de 9 a 14.00 h. de luns a venres. Paseniñamente vaise recuperando a actividade social, con restricións, mais vaise avanzando e agora no inicio do outono volven as escolas deportivas. Para cumprir coas normas e procurar as máximas garantías mantense a redución dos grupos a 6 persoas como máximo. De haber máis demanda, procurarase ofrecer, na medida do posible, horarios alternativos de xeito que todas as persoas interesadas poidan obter unha praza.
A partir do 4 de outubro inciase o período de inscrición nas Escolas Deportivss Municipais a través da Sede Electrónica ou de maneira presencial no departamento de Deportes en horario de 9 a 14.00 h. de luns a venres. Terán prioridade as persoas que xa asistisen ás actividades o ano pasado e tamén as que estean empadroadas en Moeche. As persoas que queden sen praza pasarán a unha lista de agarda A primeira cota non se pagará ata que se obteña a confirmación da praza.
O 13 de outubro darán comezo as clases e rematarán o 17 de xuño de 2022. Os grupos serán como máximo de 6 alumnas/os.
Xunto ás actividades habituais de Spinning, Exercicio biosaudable Maiores + e Pilates, este curso a actividade de mantemento substitúese pola de Adestramento funcional, baseada no desenvolvemento de circuítos de forzas, exercicios aeróbicos e outros.
Como aconteceu o pasado curso, será necesario cumprir con toda a normativa establecida pola situación sanitaria para o uso da s instalacións e o desenvolvemento da actividade deportiva. O alumnado das escolas deportivas recibirán unhas follas explicativas coas normas de obrigado cumprimento que se establezan desde a Xunta de Galicia e estean vixentes no inicio das clases.
Escolas infantís
Este primeiro trimestre do curso deportivo 2021-2022 , como se fixo o pasado ano, só se ofrecerán escolas deportivas para persoas adultas. No caso das escolas infantís, que funcionan como actividades extraescolares, agardarase ata despois do Nadal e así se trasladou no Consello Escolar de inicio de curso. O seu desenvolvemento dependerá de que se poida garantir o cumprimento das normas recollidas no protocolo establecido pola Consellaría de Educación para os centros escolares., especialmente no referido ao mantemento dos grupos “burbulla” na escola.
Cómpre lembrarmos que a Escola de Fútbol Irmandiños está constituíndo todas as categorías de fútbol base. Para contactar pódese chamar ao 669 638 282 entre as 17.00 e as 19.00 h ou enviar un correo ao enderezo electrónico efirmandinos@gmail.com
HORARIO | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
ACTIVIDADES DE MAÑÁ NO LOCAL SOCIAL DE ABADE |
||||||
10.00 a 11.00 | Pilates 3
Abade |
Pilates 3
(Abade) |
||||
ACTIVIDADES DE TARDE |
||||||
16.00 a 16.50 | Reservada para a posta en marcha de actividades infantís ou outro grupo de maiores no caso de alta inscrición | |||||
17.00 a 17.50 | Exercicio saúdable
Maiores + (Abade) |
Exercicio saúdable
Maiores + (Abade) |
Exercicio saúdable
Maiores + (Abade) |
|||
18.10 a 19.00 | Exercicio saúdable
Maiores + (Pavillón) |
Exercicio saúdable
Maiores + (Pâvillón) |
Exercicio saúdable
Maiores + (Pavillón) |
|||
19.10 a 20.00 | Pilates 1
(Pavillón) |
Adestramento funcional
(circuítos de forza,aeróbicos, etc) |
Pilates 1
(Pavillón) |
|||
20.10 a 21.00 | Spinning
(Pavillón) |
Pilates 2 (Pavillón) | Spinning
(Pavillón) |
|||
As actividades poden verse modificadas ou incluso suspendidas temporalmente en función da evolución da situación sanitaria e o seu desenvolvemento está condicionado polo número de solicitudes.
As tarifas e descontos mantéñense sen cambios, cos importes establecidos na Ordenanza no 16 reguladora do prezo público – vixente no curso 2021/2022-, e aparecen detalladas nas fichas de inscrición que figuran máis abaixo.
INFORMACIÓN: no 981 404006 ou no correo daniel.feijoo@moeche.gal ou na web municipal www.moeche.gal
Follas de inscrición nas actividades
Exercicio biosaudable Maiores +
Normas mínimas anti COVID 19 para o desenvolvemento das actividades deportivas
- Manterase unha separación mínima interpersoal de, polo menos, 1,50 metros
- Uso obrigatorio de máscara en espazos comúns
- Dependendo da actividade que se realice, poderase estar sen mascara só durante o exercicio físico sempre e cando o monitor o autorice e se asegure a separación de 2 metros con outras persoas en todo momento.
- As persoas usuarias das escolas deportivas asinarán unha declararación conforme son coñecedoras da normativa sanitaria anti covid-19 no relativo ao uso das instalación e actividades deportivas, e comprométense a cumprilas
- Non se compartirá material deportivo. Dependendo da actividade, e segundo indique o monitor, cada persoa usuaria terá que traer o seu material
- Os vestiarios e duchas permanecerán pechados. Os baños si se poderán utilizar
- Non se compartirán bebidas.
- Naqueles casos en que se usen toallas ou calquera elemento de hixiene, non se poderá compartir; deberán ser de uso individual
- Non se poderá acudir ás escolas deportivas cando se presenten os seguintes síntomas:
- Febre, tose ou dificultade respiratoria
- Perda de olfacto ou gusto
- Diarrea, dores musculares, de gorxa ou de cabeza non habituais
- Tampouco se se está en illamento ou corentena
.
Últimos comentarios