A falta de información sobre a duración suspensión da presenza da unidades móbiles da ITV  nos diferentes concellos próximos- As Somozas, San Sadurniño  ou Cerdido- e a preocupación  que provoca entre a veciñanza levou a que o Concello solícítase no mes de xullo e  de novo en setembro  á SyC APPLUS+ ITV  a visita da unidade móbil ao noso concello ou , polo menos, información sobre as novas datas previstas para antes do 10 de novembro,  cando remata a prórroga actual de validez das inspeccións técnicas.  Ao tempo, desde a Alcaldía  demandouse que se promovosen as  necesarias xestións á Delegación do Goberno e á  Consellería  de Medio Rural.

A  información dada ao Concello foi naquel momento, en xullo,  e agora de novo que non está previsto a curto prazo a visita da unidade móbil a Moeche nin aos concellos limítrofes dada a demora que   causou a obrigada suspensión das visitas na situación sanitaria  e que a data  máis próxima na que contan enviar as unidades móbiles é “ febreiro de 2021”.

Ante esta resposta o Concello solicitoulle á Delegación do Goberno a ampliación da prórroga da validez das inspeccións técnicas ata que non poidan ofrecer a presenza destas unidades en todos os concellos.

Así mesmo, desde  a Alcaldía contactouse coa Consellería de Medio Rural para coñecer se, ainda non sendo comeptencia propia,  adoptaron algunha iniciativa neste sentido co obxectivo de promover e demandar que se evite que a veciñanza se vexa obrigada a trasladarse cos seus tractores a Ferrol ou outros concellos como Ortigueira ou As Pontes. Desde a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural transmítennos  que descoñecían esta problemática, malia afectar a toda Galicia,  e que mirarán que vias poden  acometer.

Convén lembrar que  manter a ITV caducada non só pode supoñer  unha  multa de Tráfico, senón que  é un risco no manexo do tractor e  unha seria complicación legal en caso de accidente.

As visitas de unidades móbiles en concellos próximos terán lugar nas seguintes datas:

Concello de Ortigueira, 25 de novembro, en horario de 9:00 a 13:30 horas y de 15:15 a 18:00 horas.

Concello das  Pontes:

– 26 e 27 de novembro, o horario débese consultar telefonicamente 902 30 90 00

–  30 de novembro, en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Enlace ao calendario das visitas das unidades móviles da ITV

https://www.sycitv.com/CalendariosMoviles/?culture=es-ES&year=2020#a_-2111140698