Asembleas veciñais

Propostas para os orzamentos participativos 2021

Por causa da situación sanitaria, este ano o Concello decidiu non levar adiante as tradicionais asembleas participativas polas parroquias. Porén, iso non significa que non vaiades poder achegar as vosas propostas de todo tipo para mellorar o territorio incluíndoas nos orzamentos municipais.

O mecanismo que se empregará neste 2020 é o de poñer a disposición da veciñanza tanto no Concello como na web www.moeche.gal unha folla normalizada que deberedes cubrir coas iniciativas e/ou investimentos que consideredes necesarios. Esa folla -ou follas, se son varias propostas- pódese entregar á carteira, levala ao rexistro municipal ou enviala por correo antes do 15 de xaneiro para que dea tempo a estudalas todas e incorporar aos orzamentos aquelas achegas que teñan encaixe. Tamén podedes remitila ao correo alcaldia@moeche.gal. Lembrade que as propostas deben vir con nome e apelidos e un teléfono de contacto por se fose necesario consultarvos algunha dúbida ou ampliar información sobre as peticións. Tamén é importante que cumpran os seguintes requisitos:

  • Han de ser cuestións de competencia municipal
  • As peticións deben referirse a asuntos/iniciativas localizadas dentro do termo municipal
  • Deberán incluír unha cuantificación económica aproximada e que esta sexa asumible polo Concello, de cara a incorporala no Orzamento 2021
  • Serán, preferentemente, propostas de investimentos e servizos básicos, aínda que nas follas tamén poderedes achegar ideas sobre outras mellora

Podes descargar aquí a folla de peticións [CLICK PARA DESCARGAR]