A alcaldesa, Beatriz Bascoy, e o presidente da Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Moeche, Roberto González Lamigueiro, asinaron este venres 4 de decembro o convenio de colaboración cun notable incremento na contía para axudar non só no habitual desenvolvemento das actividades e obrigas propias da entidade senón tamén nos gastos dos labores de mantemento e coidado do campo de xogo ao longo do ano.
O novo convenio de colaboración entre o Concello e a ACDR Moeche recolle neste ano un incremento na súa contía co obxectivo de que a entidade se faga cargo do labores de mantemento do campo que desde hai uns anos asumía o propio Concello . Por cuarto ano consecutivo, foi asinado pola alcaldesa e o presidente da entidade en presenza do concelleiro de Deportes, Miguel Pedreira, e do secretario accidental do Concello
O convenio recolle un novo incremento da achega municipal respecto do ano anterior, cun máximo de 4.000 euros para os gastos organizativos e especificamente para os gastos de mantemento do campo de xogo durante todo o ano, que asumiu a propia entidade, mais tamén se inclúe o compromiso por parte do Concello da subministración de material (fertilizantes e similares) así como o aboamento dos gastos de luz e auga das instalacións.
Pola súa banda a A.C.R.D. Moeche asume, entre outras, a obriga de realizar as labores de mantemento e coidado do campo de xogo, nomeadamente do céspede, da limpeza das instalacións utilizadas e o seu exterior, de inserir o logo oficial do Concello de Moeche en toda a publicidade e anuncios da participación da A.C.D.R. Moeche na citada competición federada, así como o compromiso de que a publicidade, anuncios e calquera outro elemento deste tipo, oral ou escrito derivado deste convenio deberá ser emitido ou redactado en lingua galega.
O pagamento da axuda farase efectiva tras a xustificación e presentación das correspondentes facturas da realización das actividades comprendidas no presente convenio por parte da asociación.
Últimos comentarios