Continúan as obras e mellora de drenaxes e acondicionamento da rede viaria incluídas nos proxectos de mellora de camiños e pistas en zonas de concentración parcelaria nas cinco parroquias.
As obras na parroquia de Santa Cruz avanzaron ao longo desta semana a cargo da empresa local Construcciones Mantiñán, quen resultou adxudicataria en procedemento aberto por importe de 31.792,75€; executáronse as obras de drenaxe, limpeza de gabias e construción de amplas salvagabias na pista da Abelleira ao Retorno e no camiño do Confurco; esta última rematarase nesta semana vindeira coa pavimentación. A continuación comezarán as obras aprobadas nos proxectos de camiños da parcelaria en San Xoán e San Xurxo e en Abade e Labacengos.







Últimos comentarios