Públicase no Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto unha convocatoria de axudas para adquirir cans e pastores eléctricos destinadas a titulares de explotacións agrogandeiras que sufrisen ataques de especies de faunas silvestres, lobo e xabaril.
Persoas destinatarias :
No caso das axudas para previr os ataques do xabaril, están dirixidas a persoas físicas e xurídicas que exerzan a actividade agraria e que estean inscritas no Rexistro de Explotación Agrarias de Galicia, e tamén para daquelas explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.
No caso do lobo, só poden solicitalas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras que figuren no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia (gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino, asnal e mular)
Que subvenciona esta liña de axudas?
Para previr os danos ocasionados polo lobo:
– a adquisición de cans menores de 4 meses -mastín español, do Pirineo, carea leonés e can de palleiro- para a protección e defensa do gando (ata un máximo de 1 can por cada 60 reses de gando menor ou 15 de gando maior). – pastores eléctricos e cerrumes de malla electrificada.
Para previr os danos que cause o xabarin:
-a adquisición de pastores eléctricos.
Hai que destacar que non é unha auxda polos estragos xa causados polo xabarin ou o lobo.
Non é subvencionable : O IVE, os custes de transporte de materiais e a man de obra da instalación.
Importes das subvencións:
ata 500 euros por can,
ata 600 euros pola adquisición de pastores
ata 800 para mercar mallas móbiles electrificadas,
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG
Lugar de presentación : na Oficina Agraria Comarcal de Ferrol, ou po rvía telématica ou na Casa do Concello, a través do Portelo único. Para as peroas xuridicas é obrigatoria a tramitación por vía telemática.
Información:Diario Oficial de Galicia
Últimos comentarios