O programa para persoas maiores “Xuntos polo Nadal”, que ofrece unhas pequenas vacacións de lecer para quen non teña con quen pasar as festas do Nadal, abre o período de inscrición ata o 15 de novembro . O departamento municipal de Benestar Social ofrece información sobre o programa e a súa inscrición así como axuda para cubrir os formularios e tramitalos.

A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos. 

Ofértanse un total de 260 prazas distribuídas do seguinte xeito:
-130 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
– 130 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.

Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2018 e o día 7 de xaneiro de 2019 e comprende os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.
    Persoas beneficiarias
    a. Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
    b. Estar empadroado nalgún concello galego.
    c. Vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
    d. Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.                     Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
  • Perdesen ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
  • Teñan máis idade
  • Teñan un menor nivel de ingresos económicos.
  • Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
    Solicitudes
    As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
    O prazo de presentación será ata o día 15 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou Centros Sociocomunitarios de Benestar, dependentes da Consellería de Política Social.
    Prezo da praza
    As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.Documentación:
    As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual …etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa cómoda.
    Para máis información poden consultar a páxina web da Consellería de Política Social   https://moeche.gal/wp-admin/post-new.php  ou ben dirixirse aos departametno de Benestar Social do Concello. Pode chamarse ao  Concello ao 981 40 40 06 ext.1.Documentación para descargar:
    Solicitude
    Informe social
    Declaración responsable