Logo da excelente acollida da primeira edicion do ano pasado, volve Sementeira, un programa que ofrece un servizo para conciliar a vida persoal, familiar e laboral mediante actividades de caracter lúdico e educativo, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos.
Este verán Sementeira engloba un conxunto de actividades que manterán como fío condutor as Artes no marco da nosa cultura. As actividades terán como base o local social do Pereiro (San Xurxo) e o polideportivo municipal e saídas a diferentes puntos do concello e da comarca: actividades na feira, na aula informática, na área recreativa de Souto Grande, no castelo, na piscina, no centro cultural, pistas deportivas, parque da escola, filmación dun conto, construción dun castelo xigante, robótica, xincana de oficios, xogos de auga, danza, karaoke, desfiles, excursión, teatro, patinaxe, buscadores de ouro, velada nocturna etc. e para rematar festa de fin de campamento con inchables, fútbol , xogos , etc.


Prazas, inscrición e horarios:

Ofrécense 30 prazas en cada mes. Na franxa horaria de 9.00 a 10:00 horas só se ofrecen 8 prazas.


Inscrición: do 5 ao 20 de xuño, de luns a venres de 9 a 14 horas na Casa do Concello.
Duración: meses de xullo e agosto (ata o 25 de agosto).
Horarios: de luns a venres, dúas quendas, a) 09.00 a 14.00 ; b) 10.00 a 14.00 h


Na inscrición terá preferencia, tendo en conta a data de rexistro de entrada no Concello, a seguinte orde:

  1. Familias con algún membro empadroado no Concello de Moeche ( avós, avoas e nais e pais) e os nenos ou nenas non empadroadas que estean matriculados/as no CEIP San Ramón.
  2. Familias con algún dos membros con vinculación laboral no municipio.


En cada un dos casos anterior, sempre terán preferencia as solicitudes que demanden horario madrugador, dende as 9.00 horas. Resérvanse 2 prazas para derivacións dos servizos sociais ou casos de urxencia por motivos socio-familiares ou económicos.
Para máis información, prezos, normas, etc. pódese chamar ao 981 404006 ext. 1