Como xa se adiantou na programación xeral de Nadal, o Concello volve ofrecer un campamento para a rapazada de entre 4 e 12 anos que se desenvolverá de 10 a 14:00h os días 27, 28 e 29 de decembro no Pavillón Polideportivo Municipal.,como proposta a medio camiño entre o lecer e a conciliación familiar durante as vacacións escolares,

Durante esas tres mañás, os nenos e nenas terán xogos cooperativos, múltiples deportes, patinaxe e todo o imaxinable para que se divirtan aprendendo e compartindo. Ademais tamén recibirán a visita de varias entidades deportivas da zona, quen lles explicarán cales son as disciplinas que practican.

As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición dándolle prioridade á rapazada empadroada en Moeche. O prezo do programa son 20€ por nena/o (incluído seguro, monitorado e merenda de media mañá), aínda que tamén se aplicarán os descontos reflectidos na ordenanza cando acudan dous ou máis irmáns/ás

O prazo para anotarse remata o 23 de decembro,se queres presentar presencialmente unha solicitude xenérica (podes descargar  o modelo no enlace abaixo) na Casa do Concello -de luns a venres de 8:30 a 15:00h- ou ben ata o 25 de decembro ás 23.59 h se se fai a través da Sede Electrónica municipal. . Hai máis información no Departamento de Deportes, chamando ao 981 404 006 ou enviando un correo a daniel.feijoo@moeche.gal.

Formulario de inscrición