Ano Castelao!
“Castelao, un corazón á intemperie” , representarase no Castelo de Moeche para un público familiar. É unha das actividades que a área de Lingua da Deputación da Coruña lle ofrece ao Concello de Moeche. O noso Concello homenaxea a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao autor dunha polifacética obra representativa de Galicia, sumándose deste xeito aos múltiples eventos e actividades que percorren os concellos galegos ao longo do Ano Castelao.
O luns 4 de agosto, ás 12:00h, ofrécese o espectáculo familiar “Castelao, un corazón á intemperie” no Castelo de Moeche, da Área de Lingua da Deputación da Coruña. A rapazada do campamento Sementeira será a principal destinataria deste espectáculo mais estará aberto ao público en xeral. Entrada de balde.
Ademais desta actividades, o Castelo acolle ata o 3 de agosto a exposición “Castelao. 75º Cabodano” , cedida polo Concello de Cedeira.
un percorrido ben interesante pola vida e obra de Castelao, cultura, memoria e galeguismo para todas as xeracións.
Por outro lado, o Pleno aprobou a proposta da Alcaldía e a Biblioteca municipal pasará a chamarse Biblioteca Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ademais de completar nos seus fondos o total da obra de Castelao.








Últimos comentarios