Concello e entidades de Moeche coordínanse para informar á veciñanza e facilitar as alegacións aos dous parques eólicos proxectados no municipio
O Concello de Moeche e as asociacións do municipio xa definiron o calendario en que se lle facilitará á veciñanza toda a información dispoñible e tamén os modelos de alegacións aos dous proxectos eólicos que pretenden asentarse no territorio, o P.E. Moeche e o P.E....
Aberto o prazo para presentar as solicitudes de axudas ás entidades asociativas
As entidades veciñais, deportivas e culturais do municipio que non teñan ningún tipo de convenio asinado, ou previsto asinar, co Concello poden acollerse ás axudas para entidades ata o 29 de xullo. As bases foron publicadas polo Concello no BOP do pasado 6 de xullo...Venres 2 de xullo, 19.30h, primeira xuntanza informativa sobre os proxectos eólicos
Tal e como avanzara o Goberno local hai uns días, o Concello de Moeche promoverá reunións coa veciñanza de cara a achegarlles toda a información dispoñible sobre os proxectos eólicos que lle afectarían ao territorio municipal no caso de saíren adiante. O primeiro...
Empresas e colectivos de Moeche exprésanlle o seu apoio ao Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal
Faltan poucos días para que a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO dea a coñecer o resultado da avaliación das tres propostas que este ano se postularon como aspirantes a obter o selo de xeoparque mundial. Son dúas cántabras -Costa Quebrada e Valles de...





Últimos comentarios