Comezou a entrega dos ordenadores  propiedade do Concello a diferentes entidades asociativas sen ánimo de lucro. O Concello dispón de equipos  que xa non son válidos para o funcionamento da Administración mais mantéñense en bo estado e con posibilidades de actualizar o software para o desenvolvemento das funcións e actividades das asociacións. Estase a facer entrega dun equipo a cada unha das asociación que dispoñen de local como  Escudería Moeche, A.VV de Labacengos, A.C. Irmandiños, A.VV. Val de Moeche ou ANPA do CEIP San Ramón ou a Ecuestre 23 de Abril entre outras.