Mañá mércores, Álvaro Illobre, gran deportista paralímpico, visitará o noso Concello para falar co alumnado do CEIP San Ramón.
A Concellería de Deportes do Concello de Moeche, en colaboración co CEIP San Ramón, pon en marcha o programa Coñece un deporte co que pretende achegar ao conxunto da poboación deportes minoritarios ou deportistas que non son mediáticos pero que son exemplos de valores positivos no deporte. Álvaro Illobre, que ten dúas participacións en Paraolimpiadas e 5 campionatos de España de tenis en cadeira de rodas, ofrecerá unha amena charla para lles transmitir aos nenos e nenas os valores do deporte, coma o esforzo, a capacidade de superación, a eliminación de barreiras….
Fotografía: La Voz de Galicia.
Últimos comentarios