O Centro Cultural Frco. Piñeiro (Abade)  acollerá o vindeiro xoves  15 de marzo, ás 18.00 horas  unha charla sobre educación e seguridade viaria, especialmente dirixida para as persoas maiores, organizada polo Concello de Moeche e Xefatura de Tráfico da Coruña. No acto de  sinatura  do convenio de colaboración entre o Concello e a Xefatura de Tráfico da Coruña,  o pasado mes de outubro, as dúas entidades  acordaron o desenvolvemento de actividades formativas  impartidas por persoal especializado da DXT para diferentes sectores da poboación

Este tipo de actividades xorden no marco do  Protocolo de colaboración asinado polo Concello de Moeche coa Dirección Xeral de Tráfico o pasado mes de outubro.  No transcurso da reunión para a citada sinatura, a  alcaldesa, Beatriz Bascoy Maceiras , e a xefa provincial da Xefatura Provincial de Tráfico da  Coruña, Mª Victoria Gómez Dobarro acordaron levar adiante no municipio  actividades de educación viaria tanto para persoas maiores  como para os máis novos. A primeira delas é a charla informativa sobre educación e seguridade viaria que terá lugar o 15 de marzo ás 18.00 no Centro Cultural Francisco Piñeiro,  impartida por persoal da Dirección Xeral de Tráfico, e na que se tratarán temas relacionados coa seguridade das estradas, prevención de accidentes, recomendacións para condutores, consellos para peóns,…. As persoas asistentes recibirán material de agasallo da DXT.

Desde a sinatura do protocolo a veciñanza de Moeche pode tramitar no propio Concello, sen necesidade de trasladarse á Coruña ou a Ferrol,  o cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT   así como o Cambio de domicilio de vehículo/s no Rexistro de Vehículos da DXT, Son trámites de carácter obrigatorio , o primeiro para efectos  de notificacións sobre trámites relativos ao permiso de condución e o segundo para efectos do imposto municipal de circulación, xa que o domicilio do vehículo determina o concello en que se deberá pagar cada ano o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.  Os  dous trámites son de balde para a veciñanza, que poden realizar un ou os dous, riscando o cadro ou cadros correspondentes da solicitude.