Vaise consolidando como tradición a celebración do Mercado de Nadal en Moeche, nunha xornada na que o habitual mercado dos sábados se enche de produtos típicos, de artesanía e agasallos, a maiores das delicadezas que alí podemos atopar o resto das semanas do ano en forma de pan, empanadas, doces, froita, hortalizas, peixe e marisco fresco. O Mercado de Nadal de Moeche vaise celebrar o sábado 14 de decembro, de 10 a 19 horas, nun espazo que permite gozar, a cuberto, dunha amena e variada xornada de Nadal. O Concello pechou o programa que conta con máis de 25 postos que ofrecerán os mellores produtos para ao mellor Nadal. Coma en anos anteriores, contará actividades paralelas para toda a familia que lle outorguen un ambiente aínda máis festivo e de lecer.
Empezaremos pola mañá, a iso das 10.00h, coa apertura dos postos habituais aos que se lle engadirán algúns máis que incrementen a variedade da oferta, principalmente en canto a produtos de temporada. de boa calidade, como as chacinas e embutidos de Navia de Suarna ou das elaboracións de chocolate de Bombóns Moreno, quen nos traerán entrantes da matanza e exquistas sobremesas para ilustrar os menús dos días seguintes, elaborados con toda a calidade que podemos atopar no mercado.
En Moeche tamén poderemos mercar eses detalles que nos axuden a vestir a casa para o Nadal ou mesmo aqueles cos que agasallar a familiares e amizades. De todo iso -flor, coiro, artesanía, madeira, decoración, libros, adornos de Nadal, agasallos personalizados, unha morea de orixinais agasallos. Haberá abondo para escoller e para todos os gustos e petos en variado supostos como o de Cande Decoración, Moupi agasallos, etc.
As persoas que adquiran algún produto no Merca de Nadal recibirán con cada compra unha papeleta para participar no sorteo de lotes de produtos, que se realizarán ás 12.15 h, ás 13.30 e ás 19.00 h
Todo acompañado de actividades paralelas para unha xornada coa familia ou coas amizades Así pola mañá, a partir das 11 h, obradoiros infantís – deseño de cuncas- e apertura do circuíto de educación viaria, da man do grupo de participación infantil Irmandiños 23, do CLIA., que convidan aos participantes a viren disfrazados con motivos de Nadal. Durante todo o día ofrécese unha mostra de torneiros da man da Asociación Amigos da Madeira das Pontes
A tarde énchese de música coas pandereteiras de Labacengos, Desmuiñadas do Ventoeiro, e espectáculo infantil de Teatro Calavera. Áo final da tardiña novos sorteos e chocolate con churros para os asistentes como peche de mercado.
A actividade no mercado do sábado 14 de decembro iniciarase ás 10:00h e rematará arredor das 19h da tarde. Colaboran nesta edición do Mercado de Nadal a Asociación de Veciños de Labacengos e a Asociación Veciñal do Val de Moeche.
Programa completo
10:00h Apertura de postos
11:30h Apertura do circuíto modestino de educación viaria. Edición especial de Nadal organizada polo GPIA de Moeche. Aberto de 11:30 a 13:00
12:15h Sorteo 1º lote de produtos
11:00h Obradoiro infantil de adornos de Nadal organizado pola ANPA do CEIP San Ramón (30 prazas). Aberto de 11:00 a 13:00h. Inscricións no 645087498
12:30h Obradoiro infantil de deseño de cuncas. 8 prazas. Inscricións na propia feira.
13:30h Sorteo de 2º lote de produtos.
16:30h Actuación Desmuiñadas do Ventoeiro.
16:30h Obradoiro de deseño de cuncas. 8 prazas. Inscricións na propia feira.
17:30h Teatro infantil: Festa de Nadal na Fraga
19:00h Chocolate con churros e peche da feira co último sorteo de produtos.
Últimos comentarios