Volta o verán e volta o cine ao aire libre da man do programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Comezamos na área recreativa de Souto Grande onde proxectaremos o vindeiro sábado 8 ás 22:30 o filme de animación español “Atrapa la bandera“. Unha historia de amizade protagonizada por un neno co pano de fondo da carreira espacial. A película acadou un grande éxito internacional tanto polo argumento como pola calidade técnica das animacións.