O sábado 7 de outubro, imos darlle cumprimento a unha das propostas veciñais, a creación dun grupo para a limpeza do río Grande de Xuvia que percorre o noso concello. Comezaremos no límite do rio do municipio de San Sadurniño para irmos traballando, obviamente, cara ao limite coas Somozas.
É unha tarefa colectiva de todas as persoas que queiran colaborar no coidado do río. Se te queres apuntar, só tes que chamar ao 981 404 006 ou no correo correo@moeche.gal
O punto de encontro será na a zona do aparcadoiro da área recreativa (na piscina) ás 10.30h. Aconséllase traer botas ou calzado apropiado para a auga e roupa impermeable.